OS CIENTÍFICOS PROTAGONISTAS

sábado, 25 de septiembre de 2010

CIENCIA EN ACCIÓN.

O vindeiro 1 de outubro, participaremos no concurso Ciencia en Acción que se celebrará en santiago, no Ies Rosalía de Castro. Esperámosvos alí.

lunes, 19 de abril de 2010

POR ONDE OIO?


Pecha os teus ollos e escoita. Probablemente poidas dicir de onde vén o que oias: de diante, de atrás, da dereita ou da esquerda. Isto sucede porque tes dúas orellas. Están orientadas en direccións opostas e separadas por algúns centímetros. como resultado, a túa orella capta sons lixeiramente diferentes, que o teu cerebro compara de forma automática. A isto chámaselle " escoita esteorofónica" ou " estéreo".
Os búhos empregan a escoita estéreo para localizar as súas presas.
Este aparello patentado en 1880, axudou aos capitáns de barco a localizar a dirección das sereas de outros barcos en días de néboa espesa.

ollade como funciona o "DETECTOR ESTÉREO DE PROCEDENCIA DE SONS"


RING, RING...!

Hoxe estivemos colgados ao teléfono, toda a mañá. Unha chamada para Adri, outra para a profe Cereijo, que si chamaron ao profe Gabi. A nosa clase parecía unha centralita con tanta chamada.
Arredor do ano 1854 Antonio Meucci, construíu un teléfono mecánico (non eléctrico) para conectar a súa oficina co seu dormitorio situado no segundo piso, debido ao reumatismo da súa esposa. Non obstante carecía do diñeiro suficiente para patentar o seu invento, polo que o presentou a unha empresa que non lle puxo atención, pero que, tampouco, lle devolveu os materiais. Ao parecer, e isto non está probado, estes materiais caeron en mans de Alexander Graham Bell quen se serviu deles para desenvolver o seu teléfono e o presentou como propio. Meucci demandou a Bell, pero morreu sen ver recoñecido o seu mérito. O 11 de xuño de 2002 o Congreso de Estados Unidos aprobou a resolución 269 pola que recoñeceu que o inventor do teléfono fora Meucci e non Alexander Graham Bell.

Co noso teléfono podes estar en dúas habitacións diferentes que se escoita perfectamente. Despois de investigar como funcionaría o aparello chegamos á conclusión de que: Cando falamos por un auricular o son entra no tubo e vai viaxando ata chegar ao outro extremo onde se oe con claridade.


sábado, 17 de abril de 2010

O CANTOR DE JAZZ ( 2ª parte)

Por fín conseguín subir o vídeo, dos grandes cantores da clase. Recórdovos como xa mencionei noutra entrada, que " El Cantor de Jazz", foi a primeira película sonora da historia.

Nota aclaratoria. Adri non sale nesta película, porque ese día ía no médico.Pero, a que sae guapísimo nesta foto?

SONS CURTOS OU LONGOS?

Traballando as calidades do son, canto dura o son?

COMO TE CHAMAS?

Na lingua de signos, non existe un signo para cada nome. O que fan para poñerlle nome a alguén é signar unha característica física. Adri, leva sempre unha pulsera de fío pois o seu nome é pulsera.
A Alba gústanlle moito os chichos, o seu nome é chichos.
Antía ten a cara redondiña, pois o seu nome....
Bea, ten unha melena moi desmelenada, o seu....
Manuel sempre leva a cremallera das sudaderas subida de todo, ...
Paula usa moitas diademas, pois o seu nome é diadema
a profe ten a piel morena...
Queredes ver como se signan os nosos nomes?

object width="425" height="344">





viernes, 16 de abril de 2010

EXPLORADORES DE SON

Serias capaz de imaxinar as moléculas do aire e as moléculas da auga para poder ver o son?. Pois vente con nós, imos a emprender unha exploración das ondas do son.


A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA.

O día da excursión de á Noia, fixémonos moi amigos dun señor policia. Foi tan amable que nos prestou un sonómetro para investigar a contaminación acústica do son.Deixóunolo por un par de días.
Os materiais cos que experimentamos foron: un sacador da profe Merchi, o silbato do profe Xavier, a aspiradora de Teto e o taladro de Juana, papeis de moitas cores, a cisterna do baño das profes, o motor do coche da profe Xoana, o cantar dos paxariños de fora e a nosa voz.
Dos son que mencionamos, cal é o que máis contamina?


EXPERIMENTANDO NUN LABORATORIO

O mesmo día que fomos á Radio, aproveitamos para facerlle unha visita a nosa amiga a profe Tete ( coñecida como a profe fisiquiña)no IES VIrxe do Mar. Fixemos moitos experimentos de fisica e química : o dos papeis,o de tirar a bola así,o de votar unha cadea así como o que teñen os profes de ginnasia,o que comeu o metal... e pasámolo pipa, e nada máis.


VISITA Á RADIO DE NOIA

Continuando coa reprodución, transmisión e recepción do son, tivemos a oportunidade de facer unha visita á Radio de Noia. Ali, poidemos falar do noso traballo e incluso cantar unha canción. Para a próxima semana está prevista a transmisión da nosa entrevista.


HAI SON NO ESPAZO?

NON!!!!!!!!!!!. Non hai son no espazo porque no espazo non hai aire. Polo tanto as ondas do son non teñen un medio para poder viaxar. Nos fixemos un experimento no que metemos o móbil da profe nun recipiente e lle quitamos o aire.Non Soaba!.


SILENCIO ABSOLUTO?

Para as persoas oitntes existe realmente o silencio absoluto?. Non. Sempre imos a escoitar algo. Imaxinémonos que é de noite.Estamos metidos na cama e non se oe barullo da calle, nin da casa. Si estamos moi atentos poderemos escoitar o son da nosa respiración e incluso o latexo do corazón; tic,tic,tic.
Coa axuda dun fonondoscopio como o que usan os medicos hoxe exploramos os son interiores do noso corpo.

LINGUAXE DE SIGNOS

Que pasaría si unha mañá ao levantarte non poideses oir nadiña e da túa boca non saise unha soa gotiña de voz? , Se non lle puideras dicir a mamá ou a papá o moito que os queres...
-Intentaría berrar con todas as miñas forzas.
-Eu faríalle un debuxo.
-Golpearíalle no brazo para que me oíse.....

No mundo, hai xente que naceu sen poder oir nin falar nada. Estas persoas aprenden a falar pero nunha linguaxe na que teñen que utilizar as mans e o seu corpo. A Linguaxe de Signos. .

COMO É O SON?

Si tivesemos que darlle forma, cor ao son, como o debuxariamos?. Faríalo con liñas grosas ou finas?, que cor lle pondrías?,como describirias a súa textura...Para os meus pequenos científicos o son é así:

O HOME NEVADO

A continuación podemos ver un conto elaborado polos meus nenos e nenas no que queda reflexado como queda rexistrado o son.

jueves, 8 de abril de 2010

GLOSARIO CIENTÍFICO

Como estamos a aprender moitos termos novos, tivemos que elaborar un glosario con termos científicos. É por si se nos esquecen as palabras. Así cando olvidemos algúnha podemos ir ao noso dicionario ilustrado.

QUE É O SON?


O son é movemento. É un tipo especial de movemento de vaivén que se chama vibración. Os obxectos que vibran varias veces por segundo emiten sons. Éstos viaxan en forma de ondas sonoras a través do aire. estas ondas son movementos dunhas partículas minúsculas chamadas átomos, e das moléculas que forman o aire. As ondas sonoras non se poden ver pero as veces as podes sentir.
Para chegar a entender que é o son, fixemos varios experimentos.
AS CUNCAS TIBETANAS
Ao facer soar as cuncas tibetanas, observamos que se producen ondas na auga. Polo tanto chegamos á conclusión de que o son viaxa a través da auga.




O CAÑÓN DO SON

Temos que seguir investigando para saber por onde máis viaxa o son. Viaxa polo aire?

ESCOITA, OE!


Os nosos oídos funcionan porque transforman as vibracións do son en impulsos nerviosos. As ondas sonoras viaxan a través da pel. os osos, a auga e os pelos de dentro da orella en forma de vibracións. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que transportan a mensaxe ata o cerebro, o cal identifica o son.


O son viaxa a través do conduto auditivo, que parece un tubo, e fai vibrar unha pequena membrana chamada tímpano. Éste emite vibracións a través de tres osos moi pèquenos chamados martelo, iunque e estribo. O estribo manda estas vibracións ata o caracol. Esta vibracións fan que se movan uns pelos microscópicos dentro do caracol, os cales envían impulsos nerviosos hacia o cerebro.

martes, 16 de marzo de 2010

EL CANTOR DE JAZZ


Xa nos primeiros anos do cine comezaron a patentarse sistemas que sincronizaban a acción da pantalla co son gravado en discos. Estas probas seguíronse realizando ao longo de todo o período mudo, pero a cinta que está considerada como a primeira película sonora da Historia é "O cantor de jazz", estreado polo 6 de outubro de 1927 e dirixida por Alan Crosland.

A pesar desta consideración, non era unha cinta totalmente sonora. Contiña algunhas cancións e varios fragmentos falados; nun deles, o protagonista, Al Jolson, miraba á cámara e pronunciaba a primeira liña de diálogo da Historia do Cine: " Esperen un minuto: aínda non oíron nada! ".
Despois desa frase nada foi igual e o cine mudo comezou a ser algo do pasado. Despois deste éxito sen precedentes da Warner, os demais estudos comezaron a producir películas que cada vez ofrecían máis diálogos. A primeira totalmente falada sería "The lights of New York", en 1928.

lunes, 8 de marzo de 2010

BARQUIÑO DE PAPEL

COMO O FIXEMOS? A partir da escoita de diferentes sons naturais ( unha tormenta con tronos, vento...,as olas do mar...), fixemos un torbellino de palabras. escribímolas no encerado. Logo cada neno/a ía escollendo unha ata xuntar unhas 5 ou 6 e formábamos frases con elas creando así o noso poema para pintar titulado
"Barquiño de Papel".
OS TEUS RAIOS SOL,
FAN MEDRAR AS ÁRBORES
PARA PODER VIAXAR
NO BARQUIÑO DE PAPEL.

CANDO SE MARCHE O SOL,
O TEMPO DOS RELOXOS PARARÁ
E NAS NOITES DE TORMENTA
CRUZAREMOS OS MARES,
SEGUINDO O CAMIÑO DAS ESTRELAS.

NIN A CHUVIA, NIN OS TRONOS, NIN O VENTO
IMPEDIRÁN CHEGAR Á TERRA.
CHEGAREMOS Á AREA, ESCOITANDO O SON E A DANZA
DAS OLAS ROMPENDO NAS ROCHAS.

DEVOLTA NA CASA, TUMBADOS NA HERBA,
DESPERTAREMOS DO SONO SALGADO
QUE VALEU A PENA.

Letra escrita por Adri, Alba, Antía, Bea, Paula e Manuel.

Dalle a play.

jueves, 4 de marzo de 2010

REMATAMOS COA VOZ

Ata agora estivemos investigando a causa pola cal producimos voz.Pero no faladoiro, xurdíunos unha dúbida. Por que producimos sons diferentes? Investigamos e investigamos, experimentamos e experimentamos, falamos diante do espello,berrando e estando atentos a como falabamos ou cantabamos....A resposta, tiñamola na nosa boca. todo inflúe; a posición da lingua é moi importante,según onde a poñamos diremos unha letra ou outra,tamén si a abrimos ou a cerramos....


SENTADO

DALLE A PLAY

SOÑOS DE PAPEL

DALLE A PLAY

CONVERSA

APLAUSOS

CACEROLA

PARA QUE SERVEN OS SONS?

PARA QUE SERVEN OS SONS? Na clase de hoxe xogamos co son. Sabemos que: Os sons son distintos, e así recoñecemos as persoas ou aos animais. Na natureza hai moitos sons; o da chuvia, o do aire, o das olas do mar... hai sons que nos avisan, a serea para entrar no cole, a da ambulancia, o pito do coche... Hai sons que molestan pero hai outros que nos gustan. As cancións, soen ser alegres ¡para bailar e rir!, pero hai outras, que nos entristecen e nos dan gañas de chorar. Hai xente que coa súa voz fainos ter escalofríos. Pero sabedes que? Cos sons, podemos facer poesía.
En categorías poderedes ver os nosos poemas.
Poemas sonoros
Poemas para pintar
Silencio!un poema
.
o poema seguinte titúlase " Pelexa de Namorados"

martes, 2 de marzo de 2010

ESTUDO DA VOZ

Como se produce a voz?

OBXECTIVOS
· Comprender como se produce a voz humana.
· Descubrir a voz humana como un medio de comunicación e expresión.
· Recoñecer o aparato vocal do corpo: a larinxe, os pulmóns, a boca, a nariz e os dentes.

Despois de facer moitos experimentos e descubrir como se producía a voz, representámos o proceso plásticamente, estudando con minucioso detalle as partes do aparato respiratorio.


EN BUSCA DO SON

OBXECTIVO: Tomar conciencia de que o son é movemento.

Observamos O globo do mundo. Formulamos hipóteses :Non soa. Está quieto polo tanto non soa. O globo xira. Ao xirar pode que soe. Comprobámolo. Ao xirar soa. Establecemos as causas. O globo xira porque o movemos.

O carrito do súper soa, cando o empuxamos.



Os libros soan cando os abrimos e cerramos.


As contas soan cando axitamos o xoguete.


Conclusión

As cousas quietas non temblan polo tanto non soan.Para que as cousas temblen e fagan Son, ten que haber movemento.

Como facemos son?
Tocando, frotando, axitando....

COMENZAAAAAAAAAAMOS




Visionamos varios vídeo de paxaros cantando e outros de loros cantando e bailando ao son de música variada.
You tube:

El baile del ricardito
Agaporni bailón
Agaporni bailando y cantando gitano
Ipso x- Loroa cantando un ballenato
Factor x xs pollita bailando y cantando parte 2007
Factor x detrás de cámara
Factor x animales cantando.

Diálogo:M:Os paxaros cantan, pero falan todos?
Todos:Non, só os Loros.
M:Por que falan?
Todos:Non sabemos.
M:E nós, por que falamos?
Adrián: Por que temos cerebro.
M: Ben . Pois agora quero que fagades unha cousa. Pechade todos a boca a ver que pasa. (10 segundos). Que pasa cando tendes a boca pechada. Non dicides cousas que os demais non escoitamos?. A ver probade outra vez. (Volven a pechar a boca).
A ver Manu, que estabas dicindo dentro da túa cabeza.
Manu: Eu estaba dicindo- Ola Adrián non me podes oiiiir!.
M: E tí Bea, que estabas dicindo.
Bea: Ola Profe, non me oeeees!.
M:Entón, Porque cando temos a boca pechada e estamos falando non se nos oe?. Imos a probar unha cousa. I mos a dicir todos aaaaaaaaaaaaaaaaaa.( todos fan aaaaaaaaa).

Xogamos a variar a tonalidade. Aaaaaa grave, aaaaaaa aguda. Observamos poñendo a man na gorxa. ( 1ºna nosa e logo na dos compañeiros).



Que pasa:

Paula: eu noto que tembla.
Alba: noto un oso.
Antía: Eu tamén noto un oso.
M: Non, non é un oso. O que tocades que vos parece un oso, non é un oso. É a traquea. Mirade, vouvola ensinar. (Non lle digo o que é pero ensínolle unha imaxe do aparato respiratorio. Esta é a traquea, e xustiño enriba da traquea está a Larinxe. Na larinxe
Hai unhas paredes musculares ( como a goma dos globos)que teñen forma de triángulo.Debúxollo.
A esas paredes chámanlle cordas vocais que son as que producen a voz. Pero como se produce a voz?
A traquea é como unha tubería que vai hacia os pulmóns. Que metemos pola boca que vai aos pulmóns?.
Manu: Aire.
M: Imos a coller todos moito aire e imos a dicir aaaaaaaaa outra vez. Que pasa cando metemos aire e logo dicimos aaaaaaa.
Adrián:tembla.
Vamos a facer un experimento:
Collo un globo e inchoo, que lle pasa ao globo cando o inflo?
Adrián: incha.
Manu. Non o inches moito que vai a explotar.
Reparto un globo a cada un. ínchano ( cada un como pode).



Fagolles poñer os dedos na boca do globo.


Que pasa agora?
Bea: Sae o aire
E que máis?fixádevos ben na boca do globo.
Manu: Móvese porque sae o aire.
Paula: Profe, tembla!

Vamos a volver a poñer a man na nosa gorxa e a dicir aaaaaaaaaaaaa.
Adrián: tamén tembla coma o globo.
M: Entón que pasa cando metemos ou sacamos aire dos pulmóns? Por onde pasa o aire?
Pola ( sinálolle a larinxe)
Todos: a larinxe.
E que había alí. As cordas....
Vocais.
Que lle pasa as cordas vocais?
Beatriz: temblan como a punta do globo
E que fan cando temblan?
Paula: fan voz.
Imos todos ao espello a ver si vemos as nosas cordas vocais:





O globo temblaba, a voz tembla. Que máis cousas poden temblar? Investigamos pola aula.
As paredes, os lápis... non temblan.
O altavoz do ordenador si tembla.

Tembla porque fai música.

A mesa non temblaba pero que lle pasará si a golpeo fortemente?
Adri: toca como un tambor.
Poñede cada un de vós unha man enriba.Golpeo fortemente.
Antía: fas ruído.
Alba. Molesta moito.
Pero que lle pasa á mesa, que lle notades?
Beatriz: que tamén tembla.

Entón a voz tembla, a música tembla e o ruído tembla.
Sabedes como se lle chama a unha cousa que escoitamos e que vibra?

SON
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog