OS CIENTÍFICOS PROTAGONISTAS

jueves, 4 de marzo de 2010

PARA QUE SERVEN OS SONS?

PARA QUE SERVEN OS SONS? Na clase de hoxe xogamos co son. Sabemos que: Os sons son distintos, e así recoñecemos as persoas ou aos animais. Na natureza hai moitos sons; o da chuvia, o do aire, o das olas do mar... hai sons que nos avisan, a serea para entrar no cole, a da ambulancia, o pito do coche... Hai sons que molestan pero hai outros que nos gustan. As cancións, soen ser alegres ¡para bailar e rir!, pero hai outras, que nos entristecen e nos dan gañas de chorar. Hai xente que coa súa voz fainos ter escalofríos. Pero sabedes que? Cos sons, podemos facer poesía.
En categorías poderedes ver os nosos poemas.
Poemas sonoros
Poemas para pintar
Silencio!un poema
.
o poema seguinte titúlase " Pelexa de Namorados"

1 comentario:

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog