OS CIENTÍFICOS PROTAGONISTAS

martes, 16 de marzo de 2010

EL CANTOR DE JAZZ


Xa nos primeiros anos do cine comezaron a patentarse sistemas que sincronizaban a acción da pantalla co son gravado en discos. Estas probas seguíronse realizando ao longo de todo o período mudo, pero a cinta que está considerada como a primeira película sonora da Historia é "O cantor de jazz", estreado polo 6 de outubro de 1927 e dirixida por Alan Crosland.

A pesar desta consideración, non era unha cinta totalmente sonora. Contiña algunhas cancións e varios fragmentos falados; nun deles, o protagonista, Al Jolson, miraba á cámara e pronunciaba a primeira liña de diálogo da Historia do Cine: " Esperen un minuto: aínda non oíron nada! ".
Despois desa frase nada foi igual e o cine mudo comezou a ser algo do pasado. Despois deste éxito sen precedentes da Warner, os demais estudos comezaron a producir películas que cada vez ofrecían máis diálogos. A primeira totalmente falada sería "The lights of New York", en 1928.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog