OS CIENTÍFICOS PROTAGONISTAS

martes, 16 de marzo de 2010

EL CANTOR DE JAZZ


Xa nos primeiros anos do cine comezaron a patentarse sistemas que sincronizaban a acción da pantalla co son gravado en discos. Estas probas seguíronse realizando ao longo de todo o período mudo, pero a cinta que está considerada como a primeira película sonora da Historia é "O cantor de jazz", estreado polo 6 de outubro de 1927 e dirixida por Alan Crosland.

A pesar desta consideración, non era unha cinta totalmente sonora. Contiña algunhas cancións e varios fragmentos falados; nun deles, o protagonista, Al Jolson, miraba á cámara e pronunciaba a primeira liña de diálogo da Historia do Cine: " Esperen un minuto: aínda non oíron nada! ".
Despois desa frase nada foi igual e o cine mudo comezou a ser algo do pasado. Despois deste éxito sen precedentes da Warner, os demais estudos comezaron a producir películas que cada vez ofrecían máis diálogos. A primeira totalmente falada sería "The lights of New York", en 1928.

lunes, 8 de marzo de 2010

BARQUIÑO DE PAPEL

COMO O FIXEMOS? A partir da escoita de diferentes sons naturais ( unha tormenta con tronos, vento...,as olas do mar...), fixemos un torbellino de palabras. escribímolas no encerado. Logo cada neno/a ía escollendo unha ata xuntar unhas 5 ou 6 e formábamos frases con elas creando así o noso poema para pintar titulado
"Barquiño de Papel".
OS TEUS RAIOS SOL,
FAN MEDRAR AS ÁRBORES
PARA PODER VIAXAR
NO BARQUIÑO DE PAPEL.

CANDO SE MARCHE O SOL,
O TEMPO DOS RELOXOS PARARÁ
E NAS NOITES DE TORMENTA
CRUZAREMOS OS MARES,
SEGUINDO O CAMIÑO DAS ESTRELAS.

NIN A CHUVIA, NIN OS TRONOS, NIN O VENTO
IMPEDIRÁN CHEGAR Á TERRA.
CHEGAREMOS Á AREA, ESCOITANDO O SON E A DANZA
DAS OLAS ROMPENDO NAS ROCHAS.

DEVOLTA NA CASA, TUMBADOS NA HERBA,
DESPERTAREMOS DO SONO SALGADO
QUE VALEU A PENA.

Letra escrita por Adri, Alba, Antía, Bea, Paula e Manuel.

Dalle a play.

jueves, 4 de marzo de 2010

REMATAMOS COA VOZ

Ata agora estivemos investigando a causa pola cal producimos voz.Pero no faladoiro, xurdíunos unha dúbida. Por que producimos sons diferentes? Investigamos e investigamos, experimentamos e experimentamos, falamos diante do espello,berrando e estando atentos a como falabamos ou cantabamos....A resposta, tiñamola na nosa boca. todo inflúe; a posición da lingua é moi importante,según onde a poñamos diremos unha letra ou outra,tamén si a abrimos ou a cerramos....


SENTADO

DALLE A PLAY

SOÑOS DE PAPEL

DALLE A PLAY

CONVERSA

APLAUSOS

CACEROLA

PARA QUE SERVEN OS SONS?

PARA QUE SERVEN OS SONS? Na clase de hoxe xogamos co son. Sabemos que: Os sons son distintos, e así recoñecemos as persoas ou aos animais. Na natureza hai moitos sons; o da chuvia, o do aire, o das olas do mar... hai sons que nos avisan, a serea para entrar no cole, a da ambulancia, o pito do coche... Hai sons que molestan pero hai outros que nos gustan. As cancións, soen ser alegres ¡para bailar e rir!, pero hai outras, que nos entristecen e nos dan gañas de chorar. Hai xente que coa súa voz fainos ter escalofríos. Pero sabedes que? Cos sons, podemos facer poesía.
En categorías poderedes ver os nosos poemas.
Poemas sonoros
Poemas para pintar
Silencio!un poema
.
o poema seguinte titúlase " Pelexa de Namorados"

martes, 2 de marzo de 2010

ESTUDO DA VOZ

Como se produce a voz?

OBXECTIVOS
· Comprender como se produce a voz humana.
· Descubrir a voz humana como un medio de comunicación e expresión.
· Recoñecer o aparato vocal do corpo: a larinxe, os pulmóns, a boca, a nariz e os dentes.

Despois de facer moitos experimentos e descubrir como se producía a voz, representámos o proceso plásticamente, estudando con minucioso detalle as partes do aparato respiratorio.


EN BUSCA DO SON

OBXECTIVO: Tomar conciencia de que o son é movemento.

Observamos O globo do mundo. Formulamos hipóteses :Non soa. Está quieto polo tanto non soa. O globo xira. Ao xirar pode que soe. Comprobámolo. Ao xirar soa. Establecemos as causas. O globo xira porque o movemos.

O carrito do súper soa, cando o empuxamos.



Os libros soan cando os abrimos e cerramos.


As contas soan cando axitamos o xoguete.


Conclusión

As cousas quietas non temblan polo tanto non soan.Para que as cousas temblen e fagan Son, ten que haber movemento.

Como facemos son?
Tocando, frotando, axitando....

COMENZAAAAAAAAAAMOS




Visionamos varios vídeo de paxaros cantando e outros de loros cantando e bailando ao son de música variada.
You tube:

El baile del ricardito
Agaporni bailón
Agaporni bailando y cantando gitano
Ipso x- Loroa cantando un ballenato
Factor x xs pollita bailando y cantando parte 2007
Factor x detrás de cámara
Factor x animales cantando.

Diálogo:M:Os paxaros cantan, pero falan todos?
Todos:Non, só os Loros.
M:Por que falan?
Todos:Non sabemos.
M:E nós, por que falamos?
Adrián: Por que temos cerebro.
M: Ben . Pois agora quero que fagades unha cousa. Pechade todos a boca a ver que pasa. (10 segundos). Que pasa cando tendes a boca pechada. Non dicides cousas que os demais non escoitamos?. A ver probade outra vez. (Volven a pechar a boca).
A ver Manu, que estabas dicindo dentro da túa cabeza.
Manu: Eu estaba dicindo- Ola Adrián non me podes oiiiir!.
M: E tí Bea, que estabas dicindo.
Bea: Ola Profe, non me oeeees!.
M:Entón, Porque cando temos a boca pechada e estamos falando non se nos oe?. Imos a probar unha cousa. I mos a dicir todos aaaaaaaaaaaaaaaaaa.( todos fan aaaaaaaaa).

Xogamos a variar a tonalidade. Aaaaaa grave, aaaaaaa aguda. Observamos poñendo a man na gorxa. ( 1ºna nosa e logo na dos compañeiros).



Que pasa:

Paula: eu noto que tembla.
Alba: noto un oso.
Antía: Eu tamén noto un oso.
M: Non, non é un oso. O que tocades que vos parece un oso, non é un oso. É a traquea. Mirade, vouvola ensinar. (Non lle digo o que é pero ensínolle unha imaxe do aparato respiratorio. Esta é a traquea, e xustiño enriba da traquea está a Larinxe. Na larinxe
Hai unhas paredes musculares ( como a goma dos globos)que teñen forma de triángulo.Debúxollo.
A esas paredes chámanlle cordas vocais que son as que producen a voz. Pero como se produce a voz?
A traquea é como unha tubería que vai hacia os pulmóns. Que metemos pola boca que vai aos pulmóns?.
Manu: Aire.
M: Imos a coller todos moito aire e imos a dicir aaaaaaaaa outra vez. Que pasa cando metemos aire e logo dicimos aaaaaaa.
Adrián:tembla.
Vamos a facer un experimento:
Collo un globo e inchoo, que lle pasa ao globo cando o inflo?
Adrián: incha.
Manu. Non o inches moito que vai a explotar.
Reparto un globo a cada un. ínchano ( cada un como pode).



Fagolles poñer os dedos na boca do globo.


Que pasa agora?
Bea: Sae o aire
E que máis?fixádevos ben na boca do globo.
Manu: Móvese porque sae o aire.
Paula: Profe, tembla!

Vamos a volver a poñer a man na nosa gorxa e a dicir aaaaaaaaaaaaa.
Adrián: tamén tembla coma o globo.
M: Entón que pasa cando metemos ou sacamos aire dos pulmóns? Por onde pasa o aire?
Pola ( sinálolle a larinxe)
Todos: a larinxe.
E que había alí. As cordas....
Vocais.
Que lle pasa as cordas vocais?
Beatriz: temblan como a punta do globo
E que fan cando temblan?
Paula: fan voz.
Imos todos ao espello a ver si vemos as nosas cordas vocais:





O globo temblaba, a voz tembla. Que máis cousas poden temblar? Investigamos pola aula.
As paredes, os lápis... non temblan.
O altavoz do ordenador si tembla.

Tembla porque fai música.

A mesa non temblaba pero que lle pasará si a golpeo fortemente?
Adri: toca como un tambor.
Poñede cada un de vós unha man enriba.Golpeo fortemente.
Antía: fas ruído.
Alba. Molesta moito.
Pero que lle pasa á mesa, que lle notades?
Beatriz: que tamén tembla.

Entón a voz tembla, a música tembla e o ruído tembla.
Sabedes como se lle chama a unha cousa que escoitamos e que vibra?

SON
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog