OS CIENTÍFICOS PROTAGONISTAS

lunes, 19 de abril de 2010

RING, RING...!

Hoxe estivemos colgados ao teléfono, toda a mañá. Unha chamada para Adri, outra para a profe Cereijo, que si chamaron ao profe Gabi. A nosa clase parecía unha centralita con tanta chamada.
Arredor do ano 1854 Antonio Meucci, construíu un teléfono mecánico (non eléctrico) para conectar a súa oficina co seu dormitorio situado no segundo piso, debido ao reumatismo da súa esposa. Non obstante carecía do diñeiro suficiente para patentar o seu invento, polo que o presentou a unha empresa que non lle puxo atención, pero que, tampouco, lle devolveu os materiais. Ao parecer, e isto non está probado, estes materiais caeron en mans de Alexander Graham Bell quen se serviu deles para desenvolver o seu teléfono e o presentou como propio. Meucci demandou a Bell, pero morreu sen ver recoñecido o seu mérito. O 11 de xuño de 2002 o Congreso de Estados Unidos aprobou a resolución 269 pola que recoñeceu que o inventor do teléfono fora Meucci e non Alexander Graham Bell.

Co noso teléfono podes estar en dúas habitacións diferentes que se escoita perfectamente. Despois de investigar como funcionaría o aparello chegamos á conclusión de que: Cando falamos por un auricular o son entra no tubo e vai viaxando ata chegar ao outro extremo onde se oe con claridade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog