Visionamos varios vídeo de paxaros cantando e outros de loros cantando e bailando ao son de música variada.
You tube:El baile del ricardito
Agaporni bailón
Agaporni bailando y cantando gitano
Ipso x- Loroa cantando un ballenato
Factor x xs pollita bailando y cantando parte 2007
Factor x detrás de cámara
Factor x animales cantando.
Diálogo:M:Os paxaros cantan, pero falan todos?
Todos:Non, só os Loros.
M:Por que falan?
Todos:Non sabemos.
M:E nós, por que falamos?
Adrián: Por que temos cerebro.
M: Ben . Pois agora quero que fagades unha cousa. Pechade todos a boca a ver que pasa. (10 segundos). Que pasa cando tendes a boca pechada. Non dicides cousas que os demais non escoitamos?. A ver probade outra vez. (Volven a pechar a boca).
A ver Manu, que estabas dicindo dentro da túa cabeza.
Manu: Eu estaba dicindo- Ola Adrián non me podes oiiiir!.
M: E tí Bea, que estabas dicindo.
Bea: Ola Profe, non me oeeees!.
M:Entón, Porque cando temos a boca pechada e estamos falando non se nos oe?. Imos a probar unha cousa. I mos a dicir todos aaaaaaaaaaaaaaaaaa.( todos fan aaaaaaaaa).
Xogamos a variar a tonalidade. Aaaaaa grave, aaaaaaa aguda. Observamos poñendo a man na gorxa. ( 1ºna nosa e logo na dos compañeiros).

Que pasa:
Paula: eu noto que tembla.
Alba: noto un oso.
Antía: Eu tamén noto un oso.
M: Non, non é un oso. O que tocades que vos parece un oso, non é un oso. É a traquea. Mirade, vouvola ensinar. (Non lle digo o que é pero ensínolle unha imaxe do aparato respiratorio. Esta é a traquea, e xustiño enriba da traquea está a Larinxe. Na larinxe
Hai unhas paredes musculares ( como a goma dos globos)que teñen forma de triángulo.Debúxollo.
A esas paredes chámanlle cordas vocais que son as que producen a voz. Pero como se produce a voz?
A traquea é como unha tubería que vai hacia os pulmóns. Que metemos pola boca que vai aos pulmóns?.
Manu: Aire.
M: Imos a coller todos moito aire e imos a dicir aaaaaaaaa outra vez. Que pasa cando metemos aire e logo dicimos aaaaaaa.
Adrián:tembla.
Vamos a facer un experimento:
Collo un globo e inchoo, que lle pasa ao globo cando o inflo?
Adrián: incha.
Manu. Non o inches moito que vai a explotar.
Reparto un globo a cada un. ínchano ( cada un como pode).

Fagolles poñer os dedos na boca do globo.

Que pasa agora?
Bea: Sae o aire
E que máis?fixádevos ben na boca do globo.
Manu: Móvese porque sae o aire.
Paula: Profe, tembla!
Vamos a volver a poñer a man na nosa gorxa e a dicir aaaaaaaaaaaaa.
Adrián: tamén tembla coma o globo.
M: Entón que pasa cando metemos ou sacamos aire dos pulmóns? Por onde pasa o aire?
Pola ( sinálolle a larinxe)
Todos: a larinxe.
E que había alí. As cordas....
Vocais.
Que lle pasa as cordas vocais?
Beatriz: temblan como a punta do globo
E que fan cando temblan?
Paula: fan voz.
Imos todos ao espello a ver si vemos as nosas cordas vocais:

O globo temblaba, a voz tembla. Que máis cousas poden temblar? Investigamos pola aula.
As paredes, os lápis... non temblan.
O altavoz do ordenador si tembla.

Tembla porque fai música.
A mesa non temblaba pero que lle pasará si a golpeo fortemente?
Adri: toca como un tambor.
Poñede cada un de vós unha man enriba.Golpeo fortemente.

Antía: fas ruído.
Alba. Molesta moito.
Pero que lle pasa á mesa, que lle notades?
Beatriz: que tamén tembla.
Entón a voz tembla, a música tembla e o ruído tembla.
Sabedes como se lle chama a unha cousa que escoitamos e que vibra?
SON